Liña de sal. Vigo

O domingo 17 de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, o Museo do Mar de Galicia organiza Liña de sal, unha recreación dos procesos de producción e uso do sal.
O Museo do Mar propón, a través de diferentes actividades musicais e teatrais, un percorrido onde se recreará o proceso de producción, transporte, comercialización e utilización do sal en Vigo.
O evento inclue a visita ao Salinae, o centro de interpretación das salinas romanas de Vigo, instalacións de salazón en Bouzas, e aproveitarase a festa dos museos para presentar un Itinerario pola Costa Romana de Vigo, realizado baixo a coordinación do departamento de arqueoloxía do museo. O roteiro está ideado para poder disfrutar dun paseo a pe dende as Salinas ata a Villa de Toralla, pasando polo Museo. Nel os paseantes poderán visualizar “in situ” moitos dos xacementos vinculados á romanización na cidade. O folleto do Itinerario está ilustrado con recreacións dos xacementos máis importantes e mapas de situación da antiga costa e actuais.