O vindeiro martes 22 de marzo ás 20:00 h vaise presentar na libraría Couceiro de Santiago o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), do historiador Dionísio Pereira.
O autor leva moitos anos investigando o asociacionismo mariñeiro galego, sobre o que publicou anteriormente o libro ·O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto.
No seu novo libro actualiza a investigación do desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como a represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.