Hoxe a familia de Culturmar vístese de loito e tócalle enfrontarse a unha das mareas máis difíciles que nos devolve a vida, despedir a un dos pilares da nosa institución do outro lado do Miño, alguén que aos seus 63 años aínda tiña o horizonte cheo de proxectos e a enerxía de quen sabe que a auga, xa sexa de río ou de mar, nunca deixa de fluír.
A súa partida, acelerada por unha enfermidade que afrontou coa mesma entereza coa que un capitán mantense ao temón en plena tormenta, déixanos un baleiro profundo. Foise nova, demasiado cedo, recordándonos a fraxilidade da nosa propia travesía. Pero se algo nos ensinou Ivone, é que a vida non se mide pola cantidade de anos, senón pola profundidade da pegada que deixamos, e neste senso Ivone Maria Moreira Silvestre Baptista amosou ser unha persoa excepcional, non só polas súas xenerosas colaboracións senón tamén por ser unha arquitecta do coñecemento marítimo e unha incansable investigadora, defensora e divulgadora do noso patrimonio.
Máis alá dos seus logros intelectuais recordarémola pola súa vocación e paixón infinita que ninguén olvidará. Para nós, o seu recordo non será dunha despedida, senón o dun faro. Quédanos o seu compromiso, a súa paixón e a súa defensa férrea das nosas tradicións.
Aínda que hoxe soltamos amarras con dor, facémolo coa certeza de que o seu espírito xa navega en augas máis mansas. Descansa en paz, compañeira. A túa luz seguirá guiándonos en cada nova travesía.
Texto: Mónica Leiro Búa, presidenta de Culturmar