O ritmo de inscricións de embarcacións participantes para o 15 Encontro de Embarcacións de Galicia non decae, pasando xa das 60.
A cifra apunta a que a participación na grande festa da cultura marítima e fluvial alcanzará sen problema a de edicións anteriores, o cal é unha grande noticia dadas as circunstancias adversas.
Nos dous meses que restan até a celebración do Encontro, que terá lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto, espérase aínda a confirmación de moitas máis embarcacións por parte de colectivos de toda a costa galega e de outros lugares do mundo.
Desde aquí facemos un chamamento a realizar canto antes a inscrición de embarcacións, de cara a facilitar as tarefas organizativas relacionadas.