Máis sobre a presentación do Encontro de Ferrol


Esta é a crónica que Francisco Fernández Rei (Vicepresidente da FGMF) fixo da presentación do VIII Encontro de Embarcións Tradicionais de Galicia. Tamén as fotografías que a acompañan foron feitas por el:

O pasado 7 de maio presentouse en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral para o Deporte, o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se vai celebrar en Ferrol do 5 ó 8 do vindeiro mes de xullo. No acto interviron Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte; Pablo Villamar, responsable da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña; Fernando Piñero, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF); e Bernardo Máiz, presidente do “Club do Mar” de Ferrol. Non puido asistir Fátima Linares, Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.