Máis sobre bandeiras azuis e patrimonio marítimo


Parece que o caso de Sant Pol non está tan craro como semellaba nun principio. En El mar es el camí a resposta de ADEAC, a organización que xestiona as bandeiras azuis, contradice o afirmado polo Concello, e suxire que se está facendo un uso “interesado” da defensa do patrimonio marítimo. E como proba afirma que en anos anteriores a praia tivo bandeira azul e a varada de barcas facíase sen problemas.

Respecto de Galicia, na listaxe de praias con bandeira azul no 2009 aparecen: Area Brava, Menduíña e Nerga en Cangas, Area de Bon en Bueu, e Canido e Fontaiña (arriba na foto) en Vigo. Todas elas son praias con zonas tradicionais de varada.

Parece entón, se non aparecen máis datos, que o concello de Sant Pol aproveitouse da defensa do patrimonio marítimo para cubrir outras deficiencias.

Información sobre gamelas e zonas de varada en Mar da pedra e no blog Mardapedra