Segue adiante o intento dos Galos de Bueu para salvar o estaleiro de Purro. Xa recibiron notificación para desaloxar o estaleiro antes do 18 de xaneiro, e están a facer xestións para que se teña en conta o alto valor patrimonial das instalacións.
Están a manter contactos coa Consellería de Cultura para ver se hai posibilidades de que abra un expediente para declarar Ben de Interese Cultural o estaleiro, para o que se presentou este pequeno informe.
Ademáis de negociar coas autoridades unha saida ao problema están a recabar o apoio dos veciños de Bueu e dos interesados no patrimonio marítimo mediante a recollida de firmas para respaldar o mantemento do estaleiro.
Un comentario sobre “Máis sobre o estaleiro de Purro”
Comments are closed.
Ánimo e muita sorte nas vosas reivindicacións!
Neste inverno o noso río Bispo, víctima tamén desta mentalidade de paseantes,volveu sacar o fuciño na nosa praia da Banda do Río…Bispo, na súa praia!! Os que aínda non somos tan vellos como pra esquencer lembramos ben dúas linguas de auga doce nesta praia, logo entubadas en formigón.Tamén lembramos un asteleiro de ribeira vivo, cun caminiño de madeira que o comunicaba co mar… maruxías aparte, logo cortado por un muro de formigón…maruxías a parte.
Que bonito sería…a mirar se van cambiando de mentalidade! Noraboa por existir!