Está á venda o Calendario 2015 de Xerais, con 13 fotografías da serie Mariñeiros de José Suárez.
José Suárez está considerado o mellor fotógrafo galego do século XX. A serie Mariñeiros foi feita por Suárez arredor de 1936, pouco antes de que tivera que marchar ao exilio.
A imaxe de portada do Calendario foi tamén a imaxe do cartel do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.