Matrícula aberta no Centro de Formación A Aixola

Centro de Formación a Aixola

O Centro de Formación A Aixola, con sede en Marín, iniciará inminentemente a súa tempada formativa.

Entre a ampla variedade de cursos ofertados por esta entidade, encóntranse algúns de enorme interese para a salvagarda do noso patrimonio marítimo e fluvial. Como exemplo, o de elaboración e instalación de cubertas de madeira en embarcacións menores que dará comezo no mes de decembro.

Actualmente, a participación nos cursos será prioritaria para persoas relacionadas co sector pesqueiro por actividade laboral, formación ou vínculo familiar. Non obstante, desde A Aixola animan a calquera persoa interesada a contactar con eles aínda que non cumpra ese requisito.

Podes contactar co centro chamando ao +34 986 838 033. Para consultar o catálogo formativo e todos os detalles sobre a matrícula animámoste a visitar o seu web http://aixola.cetmar.org/

Etiquetas
marín

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *