Medalla de Ouro para o Instituto de Estudos Miñoranos

O Concello de Baiona acaba de conceder a súa Medalla de Ouro ao Instituto de Estudos Miñoranos, colectivo federado en Culturmar.

De acordo coa normativa municipal, “esta distinción outorgaráselles a aquelas persoas, entidades ou institucións que prestasen relevantes servizos e merecementos extraordinarios a favor do Excmo. Concello de Baiona.”

Vemos así recoñecida a fundamental labor que o IEM realiza para divulgar o patrimonio cultural e natural da comarca do Val de Miñor.

Nas ligazóns seguintes podedes ler e escuitar directamente da fonte o relato deste merecido recoñecemento.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.