Medre o mar! Homenaxe a Bernardiño Graña


O vindeiro día 1 de setembro vai ter lugar na Coruña unha homenaxe a Bernardiño Graña, baixo o título Medre o mar!

A homenaxe está organizada pola AELG e arTeu, e conta coa colaboración da Universidde da Coruña e da Real Academia Galega. A Homenaxe constará de varios actos, pola mañán no entorno do Parque da Torre de Hércules varios artistas crearán en directo obras que logo serán expostas no patio da Reitoría da Universidade, logo haberá sesión de contacontos, e por último un recital poético. Pola tarde farase unha travesía polo mar da Coruña, seguida dunha marcha gaiteira e pecharase a homenaxe no Paraninfo da Universidade cun recital poético-musical, con proxeccións audiovisuais.

A asistencia é aberta, para todo aquel/a que queira achegarse. Se alguén quere ir no barco deberá reservar praza na AELG: oficina@aelg.org 981133233, o custe é de 5 €.

Para os poucos que non saiban quen é Bernardino Graña, transcribimos do seu libro Profecía do mar a:

Oda aos mariñeiros de Cangas

2 cometarios sobre “Medre o mar! Homenaxe a Bernardiño Graña

  1. Merecida homenagem.
    Tive oportunidade de adquirir no encontro de Combarro um livro de fotografias inspiradas em poesias suas que recomendo, “Berros no roncar das ondas”
    Da qualidade e grandesa das suas palavras ali escritas se nota a sua paixão e inquietude por tudo o que é o mar, o nosso mar. termino com palavras suas:

    “Escoita o mar e aprende
    con el e cos compañeiros
    e non aprendas mentiras
    sos que falan noutra lingua
    de fincados e soberbios…”

    Abraço companheiros.

    1. É un fermoso libro, e hai que agradecer ao fotógrafo Xacobe Melendrez, autor das fotografías do libro, que nos doase exemplares para que o total da venda sexa adicado a paliar a débeda orixinada polo concello de Vilagarcía no X Encontro.

Comments are closed.