A Rede de Dinamización da Sociedade da Información é un sistema de centros que teñen como obxectivo achegar as novas tecnoloxías á poboación galega especialmente á aqueles grupos con máis dificultades de acceso como poden ser os vellos.
En varios destes centros fixeron un traballo moi interesante e valioso recollendo as vivencias de xubilados relacionadas co seu traballo e axudando a que os mesmos protagonistas fixesen a montaxe dos seus documentais.
Arriba podedes ver o video sobre as mulleres que traballaban en Moaña fiando para facer trallas e cabos para armar aparellos.
Hai outros sobre a carpintería, sobre a pesca, sobre a conserva, etc.