Mañá 25 de maio ás 19:00 h vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia a exposición Mexillón de Galicia, composta de 50 fotografías e un audiovisual de Xurxo Lobato que permite saber o que hai detrás da DOP Mexillón de Galicia. Xunto cun libro publicado o pasado decembro, esta exposición forma parte dun proxecto da DOP Mexillón de Galicia para dar a coñecer o traballo da DOP e por extensión de todas as persoas que traballaron para que hoxe o Mexillón de Galicia sexa unha marca respectada e recoñecida.
Imaxe: Xurxo Lobato