O vindeiro 24 de Abril vai ter lugar no CETMAR, en Vigo, o seminario Buscando solucións: evolución do sector pesqueiro. Coordinado polo CEIDA dentro do proxecto SEREA, e con participación de colectivos de Galicia, Bretaña e Cataluña.
Toda iniciativa que leve a pervivencia da pesca como actividade é algo moi importante para os interesados na cultura marítima.
Recentemente acaba de ser aprobada pola Xunta a creación da área mariña protexida Os miñarzos, na costa de Lira, gracias á iniciativa desta Confraría, que se suma ao exitoso proxecto de Mardelira
Unha parte non pequena da nosa cultura marítima está vencellada á pesca de baixura, polo que é esperanzador ver que se están a facer movementos para “mirar por ela”.