A Familia Antxústegui convoca para o día 8 ás 12:00 h unha concentración na explanada do Museo Marítimo Ría de Bilbao para reclamar que se manteña de forma adecuada o Antxústegui. Esta concentración está apoiada por varias asociacións relacionadas co patrimonio marítimo e tamén está prevista a presenza do alcalde de Ondarroa.
O Antxústegui é unha bonitera contruída en 1958 en Ondarroa e que foi doada ao Museo Marítimo Ría de Bilbao (MMRB) pola familia Antxústegui en 1998. O barco logo dunha restauración inicial profunda foi situado nun dique seco do Museo. Desde esa restauración inicial parece que o barco non recibíu mantenemento polo que neste momento está nunha situación case irrecuperable.
A Familia Antxústegui, logo de ver a situación do barco, solicitou varias veces ao MMRB que se fixese o necesario para manter o barco en condicións adecuadas e segundo eles non recibiron resposta do Museo. Unha representante do Patronato do Museo informou diante das Juntas Generales da Diputación Foral de Bizkaia que o MMRB retirou o Antxústegui das súas coleccións porque o seu estado é “terminal”.
Recomendamos a lectura da carta que a Familia Antxústegui enviou ao Museo, e o artigo La recuperación del Patrimonio Marítimo y la Navegación Tradicional en el País Vasco. Revisión y nuevas perspectivas escrito por Juan Antonio Apraiz, «Koiote», que fai un repaso do movemento de recuperación do patrimonio marítimo vasco.
(Imaxe Sabino Antxustegi Aristondo)