Nova conferencia no Museo do Mar de Galicia. O día 6 de outubro, ás 20:00 horas.
Ser muller de mariñeiro é xa un modo de vida que, de entrada, ten a peculiariedade de que a maior parte do tempo funciona como unha familia monoparental e, só ás veces, funciona como unha familia con dúas cabezas ante os fillos. A isto engádense os problemas de parella derivado das continuas ausencias, por iso a tradición chámalles a estas mulleres como “viúvas de vivos”.
O Museo do Mar de Galicia contará coa charla da secretaria da Asociación de Mulleres de Pescadores Rosa dos Ventos, unha muller que é neta, filla e esposa do pescadores. Mesmo o seu fillo naceu no Día do Carmo, festa dos mariñeiros.
No acto tamén participará Cristina de Castro, a impulsora de Rosa dos Ventos e dos movementos de asociacionismo de esposas no Estado, que contará a historia da organización e os traballos que están a facer para consolidar un movemento europeo de mulleres de pescadores.