
A International Organisation for Women in the Seafood Industry (WSI) é unha organización sen ánimo de lucro que traballa por unhas industrias pesqueiras libres de desigualdades e discriminacións baseadas no xénero.
Entre as súas actividades, publica o denominado WSI Watch, unha colectánea de novas, eventos e investigacións relevantes arredor da relación das mulleres con esta industria.
Na edición 2020 desta publicación recóllense diversas experiencias protagonizadas por mulleres galegas, entre moitas outras de todo o mundo.
Podes obter unha versión PDF deste interesante informe en español aquí ou en inglés aquí.
Etiquetas