O Museu Nacional do Mar, situado en São Francisco do Sul, no estado de Santa Catarina, foi creado en 1993 pero foi en 2003/4 cando se lle dou o pulo definitivo que fixo del un elemento importante de difusión da cultura marítima do brasil.
Recolle no seu acervo máis de 60 embarcacións brasileiras, organizadas en salas adicadas ás distintas zonas do país, ou a actividades determinadas como a caza de baleas ou a extracción de petroleo.
No web do museo hai abondosa información sobre as embarcacións de cada sala, algunhas fotografías, e tamén se pode consultar o catálogo da biblioteca que recolle mais de 2000 libros especializados na temática do museu.
No blog Museo del mar pódense ver máis fotografías do interior do museo.