NAU07, nabeira08, e a FGCMF


O pasado fin de semán vense de celebrar NAU 07, este ano tivo novas nas que a FGCMF tiña interese:

Por unha banda a súa presencia integrada dentro do espacio da Consellería de Cultura, onde a través de dous paneis se informaba do Encontro de Ferrol e do proxecto nabeira08, que que é esto?: pos o nome que leva a acción que despois de asinar o convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, abandeirará todalas accións que se desenvolvan conxuntamente, nunha calenderización que estamos a determinar e que terá como obxectivos: xornadas de exposición pública do noso traballo e mesmo o desenvolvemento dunha nova exposición…. colaboración no VIII Encontro de Ferrol, etc.

Por outra banda, recibimos unha visita dende Brest, a súa cupula directiva, e dende o xoves estivemos liados en conversas -roldas de prensa, TV- sobre o proxecto e o seu proceso, a súa presencia en Ferrol (estiveron tamén os organizadores do VIII Encontro) … O remate do día do sabado (nun loureiro en Cambados) e trás coñecer “in situ” os nosos barcos e quen somos, na Illa de Arousa, a súa faciana amosaba a satisfación de poder contar con nos alá.

Fotos do stand da Consellería, e acto de presentación (feitas por Oswaldo Davila e Lino Prieto)