Desde Vigo Pesqueiro fan esta proposta
Este sábado 28 de abril , “Navega rumbo a San Simón”
Os invitamos a pasar unha mañá disfrutando da Ría, contemplando a panorámica da cidade desde o mar. Un percorrido por antigas conserveiras, canteiras, fábricas de salgadura, cargadoiros de minerais, fornos de cal, salinas abandonadas, bateas, estaleiros de ribeira reconvertidos en puxantes estaleiros industriais, entre outros, acompañados dun guía moi especial.
Programa:
10:45 – Punto de encontro: oficina de Turismo de Vigo
11:00 – Embarque na Naviera Piratas de Nabia. Navegaremos cara San Simón cun percorrido pola Ría de Vigo, coñecendo elementos importantes do patrimonio industrial.
Observaremos recursos paisaxísticos , patrimoniais e industriais.
12:30 – Fin da visita e foto de grupo.
Prezo: 12€ por persoa