Navegando no Día das letras


Como todos os anos chega o Día das letras e chega o tempo de botar os barcos ao mar. Na Illa de Arousa a ACD Dorna prepara para o 17 de maio dentro do programa do Día das letras a apertura da tempada 2016 este ano coa homenaxe a Pili Muñíz, expresidenta de Dorna falecida recentemente.

 

 

Un pouco ao norte, no Freixo, Terra de Outes organiza a I Xuntanza de Embarcacións Tradicionais da Ría de Muros e Noia o días 14 e 15 de maio, onde ademais de navegacións haberá música e unha andaina pola ribeira de Outes.

E moito máis ao norte, en Sada, os Patexeiros tamén preparan para o día 17 o comezo das súas navegacións.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *