Alberto Vera Meizoso acaba de publicar un interesante libro sobre os barcos de coiro da nosa prehistoria. O libro Naves celtas. Ensayo experimental sobre las posibles estructuras de las primeras embarcaciones de mimbre cubiertas con piel de buey é o resultado do traballo de varios anos investigando as posibilidades das técnicas constructivas dos barcos feitos con coiro, madeira e vimbios.( 70 p. il. col. 21×15 cm, ISBN 978-84-612-3902-3, 15 euros)
O autor, ainda que hoxe traballa en terra, foi mariño profesional, embarcado no Galatea e no Elcano e noutras unidades da Armada. Tén publicado distintos artigos sobre temas variados na Voz de Ortigueira, incluidos duas series sobre a súa experiencia na navegación nos grandes veleiros.
Ofrecémosvos un pequeño documento a modo de introducción sobre este libro, e os interesados en adquirir un exemplar poden contactar co autor en albertoverameizoso@hotmail.com
2 cometarios sobre “Naves celtas. Libro”
Comments are closed.
Paréceme un traballo moi ambicioso, deséxolle moita sorte nesta nova e emprendedora iniciativa.
En calquer caso traballos coma estes saen do máis puro interese científico, cultural ou divulgativo, é decir que parte da base non e unha cuestión económica polo que destila o trasfondo vocacional que hai detrás, noraboa.