Neuston. Exposición


O vindeiro venres, 13 de marzo, vaise inaugurar no Museo do Mar a exposición Neuston. Experimento 1. Explorando a interface.
Organizada polo Instituto de Investigacións Mariñas, Consello Superior de Investigacións Científicas e o Museo do Mar, toma como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interface auga-aire, e explora a interface ciencia-arte, suscitando un diálogo entre investigadores científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo – Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) e creadores artísticos ou literarios, no entorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia.
A partir dunha publicación científica, o investigador exponlle ao artista un aspecto concreto do seu traballo, inicio dun diálogo a partir do cal o artista realiza a súa proposta. Esta exposición mostra o resultado do experimento, en forma de dípticos onde ambas as linguaxes aparecen confrontadas