No Grove piden espazo para embarcacións tradicionais.

Segundo La voz de Galicia, o pleno do Concello do Grove aprobou por unanimidade apoiar a iniciativa de Amigos da Dorna Meca e solicitar a Portos de Galicia que no futuro porto deportivo do Grove haxa un espazo de atraque para embarcacións tradicionais, así como un espazo en terra para actividades relacionadas.