O IES Felix Muriel, de Rianxo, presentou o pasado 31 de maio o resultado do traballo de tres anos do proxecto No meu mar, na miña lingua, que obtivo tres Premios de Innovación educativa en Normalización lingüística.
O traballo levado adiante por alumnos e mestres pertencentes ao Equipo de normalización lingüística do centro (ENDL) ten por obxectivo a investigación e recuperación de léxico mariñeiro vinculado coas embarcacións tradicionais e cos deportes náuticos de remo e vela.
Como produto do proxecto, ademais do impacto directo sobre as persoas da zona, quédannos unha publicación co léxico recollido, varias láminas, e outros documentos de traballo.
Na presentación estiveron presentes entre outras persoas Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega e Fernando Piñeiro, expresidente da FGCMF.
Este traballo é moi meritorio, polo esforzo sostido no tempo, polo caracter colectivo e participativo, polo obxectivo buscado e polos bos resultados acadados.
Parabéns para todos os implicados neste proxecto e seguiremos a difundir o seu traballo como ata agora fixemos nos eventos nos que participa a FGCMF.
Un comentario sobre “No meu mar, na miña lingua.”
Comments are closed.
Quanto às láminas de embarcaçons tradicionais, e no que se refire à questom gráfica, e sem despreçar o trabalho feito, ainda estamos lonje de deixar atrás as láminas editadas pola conselharia de pesca
http://www.chasse-maree.com/index.php/plans-de-modelisme/id-menu-334.html