o Draken Harald Hårfagre, en Haugesund, no oeste de Noruega. Terá 35 metros de eslora, unha tripulación de 100 remeiros, e un mínimo de 12/14 tripulantes cando navegue a vela. Hai feitas reproducións de barcos vikingos, incluso navegando, pero este é un proxecto especial. En vez de partir exclusivamente de datos arqueolóxicos que sempre son parciais decidiron darlle protagonismo ás técnicas tradicionais tanto construtivas como de navegación a vela.
Nas súas palabras: “Normalmente, as réplicas de barcos vikingos están baseadas en interpretacións de material arqueolóxico. Nos imos ao revés. Baseámonos na tradición viva da carpintería de ribeira norueguesa que existe desde o tempo dos vikingos. Desde aquí traballamos cara atrás no tempo para recrear un barco vikingo oceánico usando todas as fontes disponibles. Esto inclue: material arqueolóxico, a literatura das Sagas e outras fontes da literatura en Noruegués antigo, fontes estranxeiras coetaneas da época vikinga, representacións visuais de barcos vikingos, rexistros de navegación antigos, listas de materiais, informes, etc.”
No seu web, ademais dunha gran cantidade de información, hai un seguimento moi completo da construción en imaxes. O obxectivo que teñen é lograr un barco mariñeiro, capaz de facer unha longa travesía como a que trouxo aos seus antepasados ás nosas costas.
A construción do Draken Harald Hårfagre comezou en 2010 e está previsto que remate este ano 2012, pero en 2009 fixeron tres pequenos barcos para probar distintos deseños de casco, velas e manobra. Podedes velo no video de arriba. Que vos lembran?
Imaxe: Arne-Terje Sæther
Dragon Harald Fairhair en Wikipedia
(Vía intheboatshed.net)
3 cometarios sobre “No norte os Vikings construen un barco…”
Comments are closed.
Grande descuberta!
Non sei como facedes para atopar estas cousas, pero gracias por facelo.
Bueno carrallo, estes son uns boghons ó lado dos de Catoira! (e sen proba de alcolemia)
Esssa secçom de casco, vertical-plano-quilha…nom sei, nom sei que me lembra