
Acabamos de recibir a triste noticia do falecemento de Manolo Collazo, carpinteiro de ribeira que xunto ao seu irmán Ramón rexentou os Estaleiros Catoira de Rianxo.
Quen o coñeceu lémbrao como un carpinteiro discreto, traballador como ningún e humilde a pesar de ser un verdadeiro mestre. Era unha ledicia miralo na labor de cravazón das puntas dun barco, con que mestría e potencia traballaba. Sendo un grande profesional no trazado, destacou tamén en calquer traballo de taller, calquera ferramenta manexaba con destreza.
Marcha un bo mestre carpinteiro e mellor persoa.
Que os ventos che sexan favorábeis nesta derradeira travesía.