A través da Asociación Mar de Muros sabemos da triste noticia do pasamento de Venancio, histórico colaborador desta asociación e da Ostreira que ten participado en moitas actividades de Culturmar como tripulante do galeón Abelleira.
Sumámonos, cos compañeiros que máis directamente desfrutaron da súa compaña, á lembranza dos bos momentos partillados no mar e en terra.
Aos seus familiares e amigos queremos facer chegar as nosas máis sinceras condolencias.
Que os ventos che sexan favorables, Venancio.