Nova campaña a prol da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

A UNESCO abre a convocatoria para a Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial Mundial, e a Asociación Ponte… nas Ondas! volve mobilizarse para que os gobernos de España e Portugal presenten a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Hai dous anos a Candidatura non fora escollida pola UNESCO pero si recomendara que se volvera presentar dada a calidade do traballo realizado, e nos informes suliñába:
” O profundo espírito de diálogo que respira esta Candidatura e o desexo de reforzar e mesmo establecer a comunicación a través das fronteiras fai que esta candidatura sexa particularmente valiosa “.
A FGCMF apoia formalmente a Candidatura, e xunto á Federación moitas outras institucións e colectivos.
No web da Candidatura pódese apoiar a iniciativa e obter mais información sobre ela.