NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS NA AIXOLA

Finalmente podemos escribirvos con boas noticias! O Centro de Formación  A  Aixola vai abrir as súas portas proximamente, con novos cursos que esperamos sexan do voso interese.

Dada a actual situación non podemos garantir unha data para a apertura, pero imos tentar que sexa canto antes.

Neste momento os cursos están restrinxidos a persoas con vinculación (formativa ou laboral) co sector pesqueiro. Podedes atopar toda a información aquí.

As accións formativas que lanzaremos próximamente son:

ÁreasCursos ofertadosHoras
MADEIRAElaboración e instalación de cubertas de madera en embarcacións menores300
COMPOSITESLaminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construcción naval300
INSTALACIÓNSElectricidad e hidráulica básicas aplicadas al buque
275
INSTALACIÓNSMecánica básica de motores de embarcaciones menores150
VELERÍAVelería e acastillaxe350
PNEUMÁTICASReparación de embarcacións pneumáticas300
REDESConfección e mantemento de artes e aparellos
330
REDESCurso de formación de formadores para o certificado profesional de confección e mantemento de artes e aparellos70

 

Podedes realizar a preinscrición completando o formulario para cada curso na web http://aixola.cetmar.org .  Para realizar a selección, os candidatos terán que realizar unha proba presencial de coñecementos básicos e unha entrevista persoal (que poderá ser telefónica).

Por suposto, todo o proceso selectivo e formativo, realizarase coas estritas medidas sanitarias e de distancia social necesarias para garantir a saúde dos alumnos e traballadores do Centro.

Agradecémosvos moito os ánimos durante o tempo que o Centro estivo sen actividade. Queremos transmitirvos que grazas a todas as vosas manifestacións, mantivemos a esperanza, e estamos moi orgullosos de volver abrir as nosas portas. Agora temos moitas ganas de volver ver as nosas aulas cos seus alumnos, aprendendo un oficio

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.