Novas de European Maritime Heritage (EMH)

Acaba de publicarse o boletín 28 do EMH. Inclue interesantes artigos sobre o patrimonio marítimo en Croacia, Finlandia, Reino Unido, Holanda, etc. e ven a sinalar como os problemas que enfrenta o patrimonio nos diferentes paises é moi similar.

O Consello de Augas Interiores de EMH foi invitado a participar nunha audiencia pública polo Joint meeting of experts from the Member States of the European Union and the Central Commission for Navigation on the Rhine para aportar a súa opinión sobre os problemas que a modificación da normativa de seguridade de navegación en augas interiores que está en marcha pode supor para a flota de barcos tradicionais.
As ponencias son todas de interese, pero especialmente a que presenta o traballo de EMH e plantexa os problemas de definir o que é un barco tradicional, histórico ou de interese patrimonial, e de facer unha aplicación uniforme da lexislación de seguridade. Na mesma páxina está o que EMH propón para modificar a normativa.