Despois de facerense públicos os apoios do Congreso dos Deputados de España e do Parlamento de Galicia á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, Ponte…nas ondas! lanza un novo videoclip promocional da NOVA OPORTUNIDADE para o patrimonio inmaterial galego-portugués.
Trátase dun videoclip que reflicte ben ás claras a forza na que se sustenta esta Candidatura e que identifica a súa orixe: a comunidade educativa dos dous lados da fronteira que desde hai máis de 13 años veñen participando na experiencia de comunicación de Ponte…nas ondas!.
O videoclip céntrase nas imaxes do acto sobre as pontes do Miño que o pasado 27 de novembro protagonizaron máis de 2000 mozos e mozas das dúas beiras para demandar UNHA NOVA OPORTUNIDADE para o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Desde Ponte…nas ondas! entendemos que estamos ás portas do definitivo proceso de recoñecemento deste patrimonio cultural, procedemento que agora deberán realizar os respectivos gobernos de Portugal e España.
Este videoclip pode ser visionado en You Tube coa denominación de “PONTE…NAS PONTES” e está titulado en galego, portugués e inglés.
Hai versión galega e portuguesa.
O videoclip foi gravado e producido por Casa de Tolos de Gondomar.