O Apupo 12 xa está publicado

O número 12 do Apupo xa está a disposición de todos os interesados en formato papel, e tamén en pdf (1.7 MB).
Este número trae información sobre o VIII Encontro, o calendario de 2007, o proxecto Nabeira, o novo número do Cabeso, a recuperación dun galeón por Calmoseira, a Xuntanza de Bouzas e o traballo de defensa do estaleiro de Purro en Bueu polos Galos.