O patexeiro Balbina xa está no taller de Pepe en Lorbe. Gracias ao traballo dos Patexeiros este barco non irá ao desguace, e quen queira pode pasarse por Lorbe para ver esta tipoloxía de embarcación tan escasa.
Parabéns aos Patexeiros, e desexamos velo navegar pronto no Golfo Ártabro.