O Barco da Memoria xa navega

Do 18 de xullo ao 6 de setembro, por iniciativa da Consellería de Cultura o Hidria levará por 18 portos unha Exposición itinerante, coordinada polo historiador Dionisio Pereira, sobre o sucedido na beiramar galega nos dias do golpe de estado de 1936.
Os contidos da exposición son moi interesantes, e descubriranlle a moitos, frente as ideas preconcebidas sobre o individualismo do mundo mar, a importancia do tecido asociativo antes do 36 e o papel que estes grupos tiveron nos días do golpe.
No web do proxecto poderedes ver as datas e lugares de atraque.
ademáis da exposición que leva o Hidria, vanse facer actos de homenaxe ás víctimas da represión no mundo mar.
No número 3 de Ardentía hai un artigo de D. Pereira sobre este proxecto, e en Vieiros hai un artigo de Francisco Fdez Rei sobre o mesmo tema