O Barco do Mar dos Litorais da Ria de Aveiro: O Mais Belo Barco do Mundo

O vindeiro 28 de abril ás 16:00 horas vai ter lugar no Museu de Ovar unha conferencia impartida por Alfredo Pinheiro Marques (historiador e director do CEMAR – Centro de Estudos do Mar) sobre o tema “O Barco do Mar dos Litorais da Ria de Aveiro: O Mais Belo Barco do Mundo”.

Alfredo Pinheiro Marques é un profundo coñecedor do mar de Portugal e especialmente do relacionado cos Descobrimentos. Do “barco do mar” o CEMAR ten subido a youtube dous videos moi interesantes, un deles un fermoso excerto do filme “Mudar de Vida” de Paulo Rocha, de 1966 e que mostra como se bogaba neste barco cunha tripulación de máis de 40 homes. E o outro filmado por un equipo da National Geographic Society en 1967. A imaxe de arriba está tomada deste último.

(Vía Lancha Poveira)