Como xa dixemos anteriormente o Carmen Barcia está á venda. O estado do barco non é moi bo, debido a uns anos de inactividade e ao furacán Flora que lle causou danos na obra morta.
Por causa de circunstacias persoais e económicas o seu propietario vese obrigado a buscar unha saida a este proxecto no que leva traballando desde o 1994. Está disposto a vendelo, pero tamén a facer unha sociedade ou a que se forme unha asociación que continue a recuperación, pero ao propietario gustarialle que quede en Galicia e para iso está disposto a reducir o prezo de venta. No seu web imrama.com tendes ampla información sobre o proxecto e as expectativas que para el ten o propietario. Tamén hai unha serie de fotografías que recollen a evolución do barco desde o ano 1994 aos últimos días.
Se alguén está interesado, tanto na adquisición como en axudar a que este barco navegue outra vez en augas galegas, pode contactar co armador no telefono ou no correo que aparece no seu web.
Un comentario sobre “O Carmen Barcia. Situación actual”
Comments are closed.
Non podemos permitir que se perda esta xoia da arquitectura naval galega.
Os cartos públicos vanse en obras faraónicas como a Cidade da Cultura e a carpintería de ribeira galega e algún dos seus máximos expoñentes esmorecen pola desidia dos administradores de nosos cartos.
Defendamos noso patrimonio.