O Concello de Moaña vai intentar convertir duas carpinterias de ribeira sen actividade industrial en Museo da Carpintería de Ribeira.
Unha das instalacións é a que usa Sueste para os Campamentos de verán, e en principio o alcalde pretende integrar a asociación no proxecto de Museo.
2 cometarios sobre “O Concello de Moaña vai recuperar dúas carpinterías de ribeira.”
Comments are closed.
Que teima a de facer museos de cousas que existen e está ben vivas!
Estou dacordo con isto que di Hugo. Unha desas carpinterías de ribeira, se non me equivoco, é dun home xubilado que a deixa porque non ten quen lle queira seguir ca tradición. Volver dicir porqué non teñen relevo os vellos carpinteiros e revolver no que xa temos moi falado, nembargantes en ves de facer museos con elas poderíanse reconvertir en escolas-taller onde xente nova poida aprende-lo oficio, pra, se non gañarse a vida integramente con isto, alomenos que lle sirva coma un importante complemento económico.