O último patexeiro pasará a mans da administración municipal se, como se prevé, hoxe resulta aprobada a proposta de cesión por parte da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros.
Con esta medida, as partes implicadas pretenden garantir o futuro desta embarcación senlleira que, tristemente, non contou nos últimos anos coa debida protección por parte das institucións. O compromiso do Concello ao facerse cargo da Balbina podería mudar as tornas e garantir a súa salvagarda e definitiva posta en valor, contribuíndo a salvar os obstáculos que até o momento Os Patexeiros encontraron para desenvolver o uso social da embarcación.
Recomendamos a lectura do artigo publicado en La Opinión sobre o acontecemento, que proporciona as chaves para entender a singular relevancia histórica, cultural e patrimonial da Balbina.