O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda do X Encontro

A Xunta de Goberno do Concello de Vilagarcía comunicounos por escrito que o Concello non vai asumir a débeda de 21.000 euros do Encontro este ano 2011, e tampouco a vai incluir nos orzamentos do 2012. Alega para non facer esto último que xa aportou ao Encontro 100.000 euros, cousa que é totalmente falsa. Sin embargo di que estarían interesados en falar do Encontro de 2013.
Ao escrito da Xunta de Goberno de Vilagarcía a FGCMF respostou con este outro escrito onde se desmontan punto por punto as afirmacións das aportacións feitas polo Concello, e se volve a pedir que o Concello asuma a débeda que ten co Encontro.

Noticia no Faro de Vigo e na Voz de Galicia

6 cometarios sobre “O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda do X Encontro

  1. O alcalde de Vilagarcía despois de afirmar que non sabía nada dos acordos do concello polo X Encontro, agora, nun triste cambio de estratexia, tratar de intoxicar a información rebuscando nas actas municipais para así, mesturando allos con bugallos, xustificar a súa falla de compromiso co evento galego das embarcacións tradicionais.
    A resposta da Federación é preto no branco.
    Cómpre o apoio de tod@s.

  2. o nosso trabalho agora é difundir o máximo possível o comunicado da FGCMF, para compensar essa campanha intoxicadora por parte do Concelho. Deveriamos expandir o escrito através de todos os blós das associacións e das nossas contas na rede (feisbu, twitter, etc.).

    Nom podemos consentir que os puferos nos fagam passar a nós por ladróns.

  3. Ter a cara moi dura!

    Nom lera o comunicado do Concelho de Vila-García.
    E depois do que estám a fazer, aínda tenhem a cara de auto-proclamar-se candidatos para os próximos encontros???!!!!

    1. En Vilagarcía teremos que facer o con seguridade o próximo” Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia”, e por primeira vez na súa historia a nosa Federación, debera mudar os fins que sempre perseguiu,de divulgación e mostra do noso patrimonio marítimo,pola mostra, e tamén divulgación da vergoñenta actitude e falta de decencia, de algunhas das nosas institucions, que como case sempre ,navegan polos sumidoiros en vez de navegar pola superficie, quede claro que non fago escepcions de cor politizo no meu comentario,pois esta vez como outras e certo que uns por outros quedou a casa consistorial chea de refugallos e sen pasar a vasoira, hai moitos anos que propuxen cambiar a data bianual dos encontros, pois a nosa asociacion en Ferrol tocoulle padecer o mesmo problema pola celebracion das putas eleccións, que nunca nos favorecen e sempre as favorecemos nos. Pensádeo, ben dende hoxe habemos ir arranxando os barcos, e acudir a chamada que publicamente fixo o alcalde no que debeu ser seu primeiro acto publico, dende a altura de aquel palco, onde callicaba fachenda, polas cinco dimensións do seu corpo , propoñendo a celebración do próximo encontro, na metade do seu mandato, na súa Metrópole. Como dixen propoño acollernos a súa palabra e ir aló, e tamén callicarlle ese fermoso “Puerto de Interes Nacional, del estado por supuesto”,coas nosas velas e barcos cheas de mensaxes de agradecemento, e rendéndolle a “máxima pleitesia”, comunicarlle a nación que representa, o moito que o queremos. Apúntome xa a navegar as millas que naveguei outra vez dende Ferrol , a tal fin, pois sen ningunha dubida o alcalde e a súa corporación o merecen. Unha vez mais dende aquí o meu agradecemento as boas xentes de Carril e Vilaxoan, que si deron exemplo co seu traballo desinteresado e bo trato a todos os que aló fomos, e que unha vez mais os que os representan desmerecen por completo, dende Ferrol Bedoya

  4. É preciso que tódolos colectivos estean unidos fronte a tal resposta do concello de Vilagarcía. Os seus argumentos son de vergoña, ignorancia,mala fe e de falta de consideración á cultura marítima e a un colectivo de xente do que non ten nin a máis mínima idea.

Comments are closed.