Gracias a Oswaldo, de Sodináutica, temos a posibilidade de ver o galeón Eliseo navegando a motor no porto de Moaña.
O Eliseo pertence a Sueste e para rematar por completo a súa restauración so lle faltan as velas.
3 cometarios sobre “O Eliseo en Moaña. Video”
Comments are closed.
Fermosa fasquía…Parabéns aos de Sueste, despois do moito que deberon de aturar. Agora o barco xa está asegurado e falta menos para ver aos “nosos” galeóns nunha regata como as de antes da guerra…
Avante, pois!.
Dionísio
Alegramononos moito de velo tan bonito e de contribuir nun principio a que non fose para desguace.
Cando era barco de batea e estaba fondeado en Porto Meloxo xa nos parecía o barco máis bonito da ensenada.
Ánimo que algún día nos terán en conta, esperemos aguantar o tirón.
Boa Proa.
Penso que si este ano se empezou xa a pensar nas regatas de bucetas que afortunadamente empezan a ser xa frecuentes e abundantes (ainda que todo é pouco)sería cuestión de sentarse ao redor dunha mesa e intentar que as asociacións armadoras de galeóns se reunan un día oa ano e dean unha boa mostra á sociedade do que se pode facer, porque fai mais quen pode ca quen quere…
Creo que sería todo un espectáculo ver xuntos a eses “bichasos” que son os galeóns.