No porto de Santo Tomé, e despois de moitos traballos, o galeón Eliseo agarda o momento en que lle toque pasar polo carpinteiro para armar a arboladura e que o veleiro remate o seu traballo para poder sair a navegar a vela, porque a motor xa o pode facer.
O Eliseo é un barco construido en 1908 , no Freixo, para D.Eliseo Rey Bustelo. No ano 1972 foi vendido a Ramón Diaz Oubiña, veciño de Corón, concello de Vilanova. Foi xa no ano 1984 cando foi comprado por Ramón Vidal Lijó, veciño do Grove quen o transforma en bateeiro co folio 3ª Vill 8817. No ano 1991 cambiase de lista de oficio por ser un barco auxiliar de industrias pesqueiras, pasando a ter folio 4ª Vill 3-61-91. Por ultimo no ano 2005 o seu propietario solicita o cambio da 4ª á 7ª lista, quedando co folio actual 7ª Vill 3-83-05 e iso e todo ata que en novembro do 2005 pasa á propiedade de Sueste.
Este galeón de 11,30 metros de eslora e cun desplazamento de 7,71 toneladas espera o tempo de ir ao Grove para que lle poñan o seu pau. É moi posible que este verán o vexamos navegar con todo o seu velame.
Un comentario sobre “O Eliseo está case rematado”
Comments are closed.
Un traballo fantastico e un gran esforzo, que teñan moitos días de bon tempo para disfrutalo e será unha ledicia ver o Eliseo navegar polas Rias. A verdade e que estar moi fermoso.
Sorro.