No marco do IX Encontro tivo lugar un Encontro Blogueiro, no que se convocou a blogueiros e outras persoas interesadas na relación de Internet e o mar. O obxectivo deste evento era poñer en contacto a persoas, que moitas veces só se coñecen a través da Rede, para compartir opinións e unhas cervexas. A asistencia foi maior da esperada, o que obligou a restrinxir o xa restrinxido tempo de intervención por persoa. A sensación dos asistentes foi a de que facía falta moito máis tempo para falar e coñecerse, e que soubo a pouco o Encontro Blogueiro.
Cunha media de sete minutos explicaron a súa experiencia na Rede:
Moncho Bouzas de Singradura da Relinga
Joaquín Yarza de Modelismonaval.com
Joan Sol de El mar es el camí
Mar de Una mirada a la ría de Vigo
Lino Prieto de Boudevara, de Amigos da Dorna Meca, e de outros moitos.
Regino Varela de Caamouco.net
Ademais estaban (se nos esquecemos de algún avisade por favor):
Sesé de Asociación do Hidria e Amigos do Mar
Xavier Veloso de Os Mareáns de Abelleira
Jaume e Cesar de Jaume Amengual
Miguel de Os Patexeiros
Suso da Moura de Lajareu por Barlovento
Manuel Caamaño de Homes de pedra en barcos de pau
Jose Eugenio de Rincón del Marino
E algúns outros, entre eles os sufridores/as que acompañan aos blogueiros, e a quen se tributou unha pequena homenaxe, porque a merecen.
Para a organización foi un pracer ter tal nivel de asistencia e supón un reforzo para continuar con este tipo de reunións.
Agradecemos a amabilidade do persoal da Casa da Cultura, que nos axudou a levar adiante este pequeno encontro e por suposto agradecemos aos asistentes e ponentes a súa presencia.
(Foto de Haddock cedida por Una mirada a la ría de Vigo)
Un comentario sobre “O Encontro blogueiro no IX Encontro”
Comments are closed.
Efectivamente, o Encontro Blogueiro, dentro do ENCONTRO con mayusculas, faise un pouco escaso de tempo para as espectativas que desperta entre nos, os cibernautas, pero a cambio temos a vantaxe de dispor de un medio no que o fundamental e a facilidade coa que nos comunicamos a calquera hora e dende calquer lugar. Considero que o pouco tempo que compartimos na Casa da Cultura foi a ocasion de verlle a cara a moitos dos que xa somos amigos na rede.
O IX ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE GALICIA foi todo un exito e por elo, merecedes a nosa felicitacion.
Xa estades na nomina dos meus Sitios Amigos.
¡Viva MUROS!