A pesar de todas as mobilizacións feitas, das reunións entre as partes implicadas, incluídas as administracións, o estado do estaleiro segue a deteriorarse.
Nunha nota de prensa a Coordinadora pola Defensa do Estaleiro anuncia que nas próximas semanas desenvolverá diversas actividades para reclamar o desbloqueo da actual situación na que se atopa a carpintería de ribeira de Bueu, pendente dunha concesión de Costas do Estado ao Concello de Bueu.
A Coordinadora denuncia que despois de dous anos da inclusión do estaleiro no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural o estado no que se atopa este ben é o dunha progresiva deterioración, razón pola que se lle urxe ás administracións públicas correspondentes unha solución.