European Maritime Heritage (EMH) está nun proceso de reflexión sobre o seu futuro, polo que solicita opinións que permitan mellorar o seu traballo.
A FGCMF é membro de EMH e queremos facer pública esta versión en galego do documento de traballo do Comité Executivo de EMH onde ademais de incluir os antecedentes e a política actual, EMH convida a todos os seus membros e a todas as persoas interesadas a unirse e participar nun debate sobre o seu futuro, e os camiños que hai que seguir na defensa do patrimonio marítimo europeo a flote.
Etiquetas
Un comentario sobre “O futuro de European Maritime Heritage. Opina”
Comments are closed.
Si entrades na páxina principal de EMH atoparedes que na parte esquerda hai unha foto que EMH a mantén dende hai anos, a pesares de que o resto das fotos da portada varían. É unha foto de Mariano, o constructor de faluchos de Bouzas, bogando e levando a remolque media ducia de faluchos máis.
Xunto coas fotos de grandes veleiros que aparecen na páxina de EMH, as fotos dos faluchos na portada e de forma permanente ven a decirnos que detrás de tódalas embarcacións, dende as máis grandes ata as máis humildes, teñen a súa historia, o seu valor patrimonial e merecen o seu recoñecemento.