O galeón de Abelleira


Os amigos da A.VV. a Ostreira, acaban de iniciar outra andaina. Logo do éxito da construción da buceta que puidemos ver navegando no IX Encontro, agora van restaurar un galeón.
Mercaron o RH1, un bateeiro nacido galeón ao que se lle reconvertiu a popa para os traballos da batea, e que neste momento está xa no estaleiro de Mougan, na Illa de Arousa, esperando a súa vez.
Para acompañar á restauración decidiron abrir un blog onde nos van ir contando os avances do traballo. Para empezar podedes ver a narración do traslado do galeón desde o Facho, en Cambados, ata a Illa. Foi toda unha aventura non exenta de riscos.
Na foto de arriba, tomada de La Taberna del Puerto, podedes ver o RH1 antes de sair do Facho.
Desexámoslles moita sorte e bo vento.