O Hidria Segundo amarra por fin no porto de Vigo

O vapor Hidria Segundo, antigo buque-alxibe, foi hoxe transladado ao peirao do Berbés desde a súa ubicación temporal en Bouzas. Complétase así, felizmente, un periplo de anos carente dun lugar adecuado onde abrir as súas portas ao público e poñer en valor a súa historia.

A partir de agora, espérase a apertura do buque para a divulgación do noso patrimonio marítimo e a realización de múltiples actividades públicas no mesmo porto onde traballou durante décadas surtindo de auga do manancial de Meira a outros barcos.

Esta alegre noticia foi posible grazas á colaboración entre a Fundación Translatio, a Autoridade Portuaria de Vigo e os propios armadores do barco, Sesé Otero e Jacobo Costas, que ademáis son os responsables de que o Hidria se manteña nun estado de conservación admirábel a pesar dos longos antos loitando contra vento e maré sen apoio suficiente e sorteando mil e un obstáculos.