O Hidria volverá a Galicia, se entre todos botamos unha man


Os armadores, Sesé e Jacobo, decidiron regresar a Galicia desde Puerto Sherry, onde está actualmente o Hidria. Teñen previsto facer a viaxe no mes de xuño, co obxectivo de ter o seu porto base en Vigo ou no Grove.

Cando cheguen a Galicia, e unha vez se estabilize a súa situación, van facer unha asociación que axude a manter o Hidria, e dependendo da aportación que faga cada persoa terá dereito a desfrutar do Hidria dunha forma concreta. Desde visitas á sala de máquinas, ou saídas ao mar ata pernoctar no barco ou facer uso do seu espazo para exposicións.

Para facer a viaxe de retorno o Hidria precisa 6000 euros. Os cartos son para combustible, tripulación, etc. E para conseguir esa cantidade acaba de abrir un proxecto en lanzanos.com (http://www.lanzanos.com/caja/proyecto/3881/).

Para axudar ao regreso do Hidria precísase:

  1. Primeira fase: chegar a 100 votos polo proxecto do Hidria en lanzanos.com. Para poder votar é preciso rexistrarse ou entrar con usuario de Facebook.
  2. Segunda fase: cando se acaden os 100 votos, o proxecto pasará á fase de financiamento e as persoas que queiran poderán apoiar con cartos. O pago faise a través de PayPal. Cada persoa decide que cantidade quere achegar, e hai unha recompensa distinta para cada cantidade que podedes ver na páxina do proxecto (http://www.lanzanos.com/caja/proyecto/3881/)

Cando se acaden os 6000 euros lanzanos.com fará efectivo o cobro das cantidades ofrecidas polos doadores. Se non se acadasen os 6000 euros no tempo establecido no proxecto (70 días) non se cobraría ningunha cantidade (http://www.lanzanos.com/como/funciona/).

Entre todos podemos traer o Hidria! Por favor reenviade esta información a todas as persoas e organizacións que poidan botar unha man para traer de volta o Hidria.

2 cometarios sobre “O Hidria volverá a Galicia, se entre todos botamos unha man

  1. Síntoo. Rexistreime pero cando quero votar dame erro. Supoño que debo ser antidiluviano, pero eso do Pay Pal sóame a chinés: non habería maneira de que os do “Hidria” abriran unha conta corrente e alí os/as que temos dificultades con estas modalidades electrónicas poder deixar algunha cantidade?. Pregunto.

    1. Boas, non vos preocupar temos tempo para facelas cousas. Nos tamén andamos mirando por internet como se fai eso dunha conta pay-pal. De feito so temos unha tarxeta de crédito para pagar os billetes de avión, andamos tamén na era do vapor, jajaja.
      No video que aparece neste enlace unha chavala moi agradable explica como vai eso. Nos abriremos unha conta bancaria so para eso.
      Moitas gracias polo apoyo de todos vos. Unha aperta grandísima. Sesé.

      http://www.isasaweis.com/de-todo-un-poco/comprar-en-internet/video/como-abrir-una-cuenta-en-paypal

Comments are closed.