O Hidria acadou o 52% do financiamento que precisa para regresar a Galicia, pero aínda quedan 2830 euros por conseguir.
Hai 51 persoas e asociacións que xa contribuíron para traer de volta o Hidria, pero necesitamos máis achegas, entre todos podemos recuperar un importante elemento do noso patrimonio marítimo.
Lembrámosvos que pode apoiarse ao Hidria directamente a través da páxina Lanzanos.com, e que para aqueles que non poidan usar este método a FGCMF ten aberta a conta 2080 5414 61 3040112023 onde se pode facer un ingreso indicando no concepto “Apoio Hidria” e logo enviar un correo a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.
A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.
(Imaxe Gogue)