O Mar de Noia chega a Allariz

O Museo do Mar de Noia instalará desde o vindeiro 15 de outubro e até 8 de xaneiro do ano próximo, unha exposición na pousada Torre Lombarda de Allariz.

A instalación incluirá un grande número de pezas da colección do Mar de Noia; fauna marina, motores noieses, ferramentas e artes de pesca, maquetas, aparellos, cartas náuticas e nós mariñeiros, entre outros.

A exposición contará con visitas guiadas todos os días, preferiblemente luns, xoves, venres, sábados e domingos. Ademáis, estará disponíbel para visitas en grupo por parte de centros educativos ou colectivos de calquera tipo con cita previa chamando ao 629 756 465.